SoloEstou. Pensando....




Que pensaran os moradores do universo cando nos ven dende tan lonxe? Creeran quizais que somos seres intelixentes?(Mentira cochina que diría un neno) Somos uns bastardos que non facemos máis que darlle golpes ao que debería ser máis apreciado: á vida, á nosa integridade, á nosa terra, á xente que nos rodea... Preocupándonos polas tonterias máis insignificantes mentres a uns cantos quilómetros, metros ( se cadra na porta do lado) hai alguén que necesita axuda. Moitas veces basta con estar, con facer vulto, outras con dicir o que se pensa ou o que parece máis difícil nos tempos que corren: escoitar ao próximo e tentar meterse na súa pel para comprender, que non compartir, a súa forma de pensar, actuar...

Somos uns seres completamente cheos de imperfeccións que valoramos máis o que pensen os veciños de nos que ser realmente como somos.

0 comentarios: