A mÁquiNa dO TeMpO



Polo visto dentro de pouco será posible viaxar no tempo. Poden comezar a preparar o equipaxe e pensar a que época desexan viaxar. O único problema é que polo de agora este método solo vale para átomos, polo que se vostede non é un átomo pode deixar de ler.

No acelerador de partículas de Ginebra (Beefeater con limón) creen ser capaces de facer un burato de Verme, (perdonen pola traducción) non teño nin idea do que é iso, pero seica permitiría aos átomos viaxar no tempo, en concreto ao pasado. O proceso consta de tres pasos:

1º- un minúsculo Burato de Verme sería creado no acelerador de partículas que posúe o CERN de Suiza.

2º- este minúsculo burato podría ser conservado e aumentado neste estado a través da todavía non desenrolada materia exótica, como a antigravidade.

3º- unha boca do burato faríase xirar no acelerador de partículas ata aproximarse á velocidade da luz durante unha década. Desta forma, estableceríase una diferencia de dilatación do tempo entre as dúas aperturas do burato. Ao xuntar as dúas aperturas do burato, teríamos unha máquina para viaxar ao pasado.

Máis Información

0 comentarios: