Elementos básicos dunha cámara




Como o prometido é débeda e dixen que ia ir esquematizano o pouco que vaia aprendendo de fotografía haberá que facelo. E o mellor será empezar polo principio
Cando comenzamos a interesarnos no mundo da fotografía o primeiro que debemos ter claro son as partes que compoñen a nosa máquina e o seu funcionamento (persoalmente non son capaz de utilizar algo que non comprendo). Basearémonos nunha cámara reflex tipo, xa que reflex ou non o funcionamento é case o mesmo.

A cámara reflex está composta por obxetivo, que son al lentes a través das cales entra a luz, e Corpo que é donde se atopa o sensor, así coma os diferentes mandos cos que conta.

Como podemos observar no gráfico o primeiro obstaculo co que se atopa a luz ao entrar no obxetivo é o diafragma, que se trata dun "buratiño" do cal se pode graduar a súa abertura. Despois diso a luz que "consegue entrar" despois do diafragma é reflexada por un espello cara o pentaprixma para que así ao acercar o ollo ao visor poidamos ollar a escena que temos diante. O espello, no momento no que pulsamos o disparador ata o fondo coa intención de disparar a fotografía móbese cara diante, deixando así pasar a luz cara ao obturador, que, ao igual que o diafragma é un "buratiño" pero que neste caso o que se gradua non é a abertura, senon o tempo de exposición (tempo durante o cal se permitirá o paso de luz).

Por último atopámonos co sensor, nas modernas cámaras dixitais, ou película, nas antigas cámaras analóxicas, que é o encargado de grabar a luz que recibe.

Así visto o funcionamento dunha cámara parece sinxelo, pero... o carallo, se disparas en modo manual ata que non colles algo de soltura non é tan doado
Bueno, espero que se entenda, en breve irei poñendo máis temiñas relacionados

Saúde!!

0 comentarios: